Amosando publicacións coa etiqueta Liques. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Liques. Amosar todas as publicacións

xoves, 5 de marzo de 2020

Medición de pH das Mostras

No día de hoxe tomamos as nosas mostras de liques con acetona e medimoslle o pH, esto fixose para facilitarnos máis datos acerca das nosas mostras, e así poder utilizalos proximamente cando obteñamos máis resultados.

xoves, 27 de febreiro de 2020

Investigación

No día de hoxe estivemos investigando para saber se a nosa análise vai ben, vendo outras cousas que nos poderían axudar, como a realización de colorimetrías ou medición de pH.
Esperamos obter resultados pronto.
Un saudo.

xoves, 20 de febreiro de 2020

Representación Gráfica


Segundo o gráfico, podemos afirmar que todos os liques presentan unha maior absorbencia cando a lonxitude de onda é de λ = 495nm. Pódese apreciar que segundo aumenta a lonxitude de onda a partir de 495nm a absorbencia é menor, e que a mostra N.1 presenta unha maior absorbencia nas distintas lonxitudes de onda con respecto a outras mostras, seguido de N.2, V.1 e V.2.

xoves, 9 de xaneiro de 2020

Propósitos para os Vindeiros Meses

Aquí vos presentamos a nosa planificación sobre o que pensamos facer nestes dous meses, irémosvos informando sobre os nosos avances.

ACTIVIDADES PROPOSTAS
XANEIRO
FEBREIRO
9: Planificación e información
6: Repetición con liques doutras zonas
16: Identificación do material
13: Comparación de resultados
23: Recolección de liques e comezo da análise
20: Representación gráfica
30: Espectrofotometría e toma de datos
27: Conclusións e búsqueda de novas análises

xoves, 14 de novembro de 2019

Análise a realizar

Extracción de pigmentos

Para levar a cabo esta análise en primeiro lugar teremos que recolectar uns cantos liques en diferentes zonas dun parque. Logo, no laboratorio debemos separar os liques da corteza das árbores correctamente, logo temos que esmagalos cun morteiro e con 15 ou 20 mL de acetona ao 90%.

O extracto coloreado colócase xunto cos restos de liques en tubos de ensaio, cubertos con papel de aluminio para evitar a descomposición dos pigmentos fotosensibles. Poden conxelarse para canseguir unha maior extracción, centrifugámolos e realizamos unha análise espectofotométrica. Por último, realízase unha táboa cos resultados obtidos.


O funcionamento dun  espectrofotómetro consiste basicamente en iluminar a mostra con luz branca e calcular a cantidade de luz que reflicte dita mostra nunha serie de intervalos de lonxitudes de onda.





A = 𝜀⋅c⋅l

A: Absorbancia
𝜀: constante de extinción ou absortividade
c: concentración molar
l: lonxitude de cela (cm)

xoves, 17 de outubro de 2019

Análise de Liques

Escollemos estes artigos porque mostran distintos métodos de análise para a determinación da contaminación atmosférica e a calidade do aire mediante o emprego de liques como bioindicadores.



MÉTODO DA FOTOGRAFÍA DIXITAL:

O aire depende de condicións ambientais: luz, humidade e topografía, entre outros factores. Se o aire é de boa calidade, os liques que medran nas árbores desenvólvense de forma óptima, do contrario presentan indicios de deterioro.

Para medir o estado dos liques recurrese á fotografía dixital, para isto precísase unha táboa de cadriños que se coloca sobre a cara sudoeste do tronco e utilízase un programa para calcular con precisión a superficie de obxectos dentro de fotografías.

De acordo coa análise das imaxes, o índice de pureza atmosférica (IPA) divídese en catro categorías:
  • Moi mala
  • Mala
  • Boa
  • Moi boa 
As técnicas para valorar a contaminación son costosas, polo que a utilización de liques como bioindicadores xeralízase cada vez máis no mundo, xa que permiten unha medición inmediata dos niveis de contaminación en grandes áreas, constituíndose en sinais de alarma temprana.





MÉTODO DE CADRANTES:

Consiste na división do terreo en cadrantes, establecer unha estación en cada un deles, e elixir o número de árbores de estudo (da mesma especie, idade, diámetro do tronco, situación e tipo de corteza).

Unha vez establecidas as estacións e elixidos os forófitos (árbores de estudo), sitúase sobre o tronco do árbore unha rede de mostreo, que estimará a presencia de taxóns (liques) e determinará a frecuencia destes.

Con isto, calcúlanse todas as especies presentes en cada árbore para a determinación de IBLa (Índice de Biodiversidade Liquénica do Árbore) e posterior cálculo do IBLe (Índice de Biodiversidade Liquénica na Estación) mediante o sumatorio de frecuencia de taxóns por cada árbore:

IBLe = Σ IBLa / Nº de árboles

Finalmente establécese o grado de contaminación atmosférica mediante os niveis de ILBe:

Valor de ILBe:                      Calidade do aire:     
        0                                      Moi degradada        
      1-10                                       Degradada       
    11-20                         Relativamente degradada       
    21-30                                       Discreta       
    31-40                                           Boa       
    41-50                                       Moi boa        
     >50                                          Óptima

Como resultado, os niveis de contaminación son máis elevados en zonas con alta densidade de poboación.



ESTUDO NO LABORATORIO

Aquí temos unha práctica de laboratorio para observar os liques, para ela precísanse os seguintes materiais:
  • Láminas portaobxectos
  • Láminas cubreobxectos
  • Auga destilada
  • Vidrio de reloxo
  • Lupa estereoscópica
  • Microscopio óptico
Primeiro recoléctanse liques en varias zonas e logo lévanse ao laboratorio onde se procede ao seu estudo.

Imagen2.png

xoves, 3 de outubro de 2019

Proxecto

A idea deste proxecto é crear unha empresa ambiental que colabore coa sanidade para reducir o risco de padecer un cancro debido á contaminación atmosférica. Para isto, a empresa mediante o uso liques mediría os niveis de contaminación atmosférica nunha determinada zona.

No caso de que existan altos niveis de contaminación na atmósfera, tentaríase que as persoas non frecuentasen estas zonas. Tamén poderíamos saber que empresas contaminan máis e así evitar a súa construcción preto de urbanizacións.