xoves, 17 de outubro de 2019

Análise de Liques

Escollemos estes artigos porque mostran distintos métodos de análise para a determinación da contaminación atmosférica e a calidade do aire mediante o emprego de liques como bioindicadores.



MÉTODO DA FOTOGRAFÍA DIXITAL:

O aire depende de condicións ambientais: luz, humidade e topografía, entre outros factores. Se o aire é de boa calidade, os liques que medran nas árbores desenvólvense de forma óptima, do contrario presentan indicios de deterioro.

Para medir o estado dos liques recurrese á fotografía dixital, para isto precísase unha táboa de cadriños que se coloca sobre a cara sudoeste do tronco e utilízase un programa para calcular con precisión a superficie de obxectos dentro de fotografías.

De acordo coa análise das imaxes, o índice de pureza atmosférica (IPA) divídese en catro categorías:
  • Moi mala
  • Mala
  • Boa
  • Moi boa 
As técnicas para valorar a contaminación son costosas, polo que a utilización de liques como bioindicadores xeralízase cada vez máis no mundo, xa que permiten unha medición inmediata dos niveis de contaminación en grandes áreas, constituíndose en sinais de alarma temprana.





MÉTODO DE CADRANTES:

Consiste na división do terreo en cadrantes, establecer unha estación en cada un deles, e elixir o número de árbores de estudo (da mesma especie, idade, diámetro do tronco, situación e tipo de corteza).

Unha vez establecidas as estacións e elixidos os forófitos (árbores de estudo), sitúase sobre o tronco do árbore unha rede de mostreo, que estimará a presencia de taxóns (liques) e determinará a frecuencia destes.

Con isto, calcúlanse todas as especies presentes en cada árbore para a determinación de IBLa (Índice de Biodiversidade Liquénica do Árbore) e posterior cálculo do IBLe (Índice de Biodiversidade Liquénica na Estación) mediante o sumatorio de frecuencia de taxóns por cada árbore:

IBLe = Σ IBLa / Nº de árboles

Finalmente establécese o grado de contaminación atmosférica mediante os niveis de ILBe:

Valor de ILBe:                      Calidade do aire:     
        0                                      Moi degradada        
      1-10                                       Degradada       
    11-20                         Relativamente degradada       
    21-30                                       Discreta       
    31-40                                           Boa       
    41-50                                       Moi boa        
     >50                                          Óptima

Como resultado, os niveis de contaminación son máis elevados en zonas con alta densidade de poboación.



ESTUDO NO LABORATORIO

Aquí temos unha práctica de laboratorio para observar os liques, para ela precísanse os seguintes materiais:
  • Láminas portaobxectos
  • Láminas cubreobxectos
  • Auga destilada
  • Vidrio de reloxo
  • Lupa estereoscópica
  • Microscopio óptico
Primeiro recoléctanse liques en varias zonas e logo lévanse ao laboratorio onde se procede ao seu estudo.

Imagen2.png

Ningún comentario:

Publicar un comentario