Amosando publicacións coa etiqueta Absorbancia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Absorbancia. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de xaneiro de 2020

Comprobación de Material

Nesta semana estivemos vendo se temos todo o material necesario para comezar as análises, teremos que preparar a acetona ao 90% e recoller os liques.

Neste momento, dadas as condicións meteorolóxicas non é posible recoller os liques xa que non é recomendable collelos cando chove, esperamos que a próxima semana non chova e podamos proceder á recolecta nunha zona determinada.


Resultado de imagen de liquenes



Resultado de imagen de análisis laboratorioResultado de imagen de espectrofotometro material de laboratorio

xoves, 14 de novembro de 2019

Análise a realizar

Extracción de pigmentos

Para levar a cabo esta análise en primeiro lugar teremos que recolectar uns cantos liques en diferentes zonas dun parque. Logo, no laboratorio debemos separar os liques da corteza das árbores correctamente, logo temos que esmagalos cun morteiro e con 15 ou 20 mL de acetona ao 90%.

O extracto coloreado colócase xunto cos restos de liques en tubos de ensaio, cubertos con papel de aluminio para evitar a descomposición dos pigmentos fotosensibles. Poden conxelarse para canseguir unha maior extracción, centrifugámolos e realizamos unha análise espectofotométrica. Por último, realízase unha táboa cos resultados obtidos.


O funcionamento dun  espectrofotómetro consiste basicamente en iluminar a mostra con luz branca e calcular a cantidade de luz que reflicte dita mostra nunha serie de intervalos de lonxitudes de onda.





A = 𝜀⋅c⋅l

A: Absorbancia
𝜀: constante de extinción ou absortividade
c: concentración molar
l: lonxitude de cela (cm)