Extracción de pigmentos
Para levar a cabo esta análise en primeiro lugar teremos que recolectar uns cantos liques en diferentes zonas dun parque. Logo, no laboratorio debemos separar os liques da corteza das árbores correctamente, logo temos que esmagalos cun morteiro e con 15 ou 20 mL de acetona ao 90%.
O extracto coloreado colócase xunto cos restos de liques en tubos de ensaio, cubertos con papel de aluminio para evitar a descomposición dos pigmentos fotosensibles. Poden conxelarse para canseguir unha maior extracción, centrifugámolos e realizamos unha análise espectofotométrica. Por último, realízase unha táboa cos resultados obtidos.
O funcionamento dun espectrofotómetro consiste basicamente en iluminar a mostra con luz branca e calcular a cantidade de luz que reflicte dita mostra nunha serie de intervalos de lonxitudes de onda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario