Esta é a lexislación vixente que regula as emisións á atmosfera relacionado co noso proxecto de liques bioindicadores de contaminación.
Autonómica:
Lei 8/2002, de Protección do Ambiente Atmosférico de Galicia:
Esta lei vai orientada á consecución dun desenvolvemento sostible, e evitar a contaminación atmosférica producida polo ser humano, mediante a introducción na atmosfera de contaminantes, que poidan inducir efectos nocivos, prexudiciais ou molestos sobre a saúde humana, os ecosistemas e o aire.
Estatal:
Lei 34/2007, de Calidade do Aire e Protección da Atmosfera:
Establécense as bases en materia de prevención, vixilancia e redución da contaminación atmosférica co fin de evitar e minorar danos en persoas e medio ambiente.
Internacional:
Directiva 2008/50/CE, relativa á Calidade do Aire Ambiente e a unha Atmosfera máis Limpa en Europa:
Establécense obxectivos de calidade do aire ambiente para evitar, previr ou reducir os efectos nocivos para a saúde humana e o medio ambiente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario