No día de hoxe estivemos investigando para saber se a nosa análise vai ben, vendo outras cousas que nos poderían axudar, como a realización de colorimetrías ou medición de pH.
Segundo o gráfico, podemos afirmar que todos os liques presentan unha maior absorbencia cando a lonxitude de onda é de λ = 495nm. Pódese apreciar que segundo aumenta a lonxitude de onda a partir de 495nm a absorbencia é menor, e que a mostra N.1 presenta unha maior absorbencia nas distintas lonxitudes de onda con respecto a outras mostras, seguido de N.2, V.1 e V.2.